martes, 19 de noviembre de 2013

As Ondas do Miño - Programa Piloto

Este é o primeiro programa de As Ondas do Miño, o  informativo cultural realizado polos nenos e nenas do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro. Esta é unha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega; que ten como un dos obxectivos principais, o fomento e normalización do uso do galego entre o alumnado; prestando especial interese á lectura e redacción.

Nesta ocasión, centraremos a atención no mes de Outubro, co Samaín como colofón final.

Non vos perdades as reportaxes e seccións que nos ofrecen os rapaces da Aula i9, metidos na pel de auténticos xornalistas e presentadores.