miércoles, 4 de abril de 2018

RADIOSIEIRO´18 - 3º PROGRAMA - CONSELLOS PARA A VIDA MODERNA





MÚSICA EMPREGADA:

Pastures of Plenty - SOLAS
Good Enough - CYNDI LAUPER  
Tchavolo Swing - DORADO&TCHAVOLO  
Te Voy a Esperar - JUAN MAGÁN (FT. BELINDA)
A saia da Carollina - LUME
Champions League - TONY BRITTEN
Matt Molloys - MATTO CONGRIO
Take on me - A HA


jueves, 22 de marzo de 2018

RADIOSIEIRO´18 - 2º PROGRAMA







MÚSICA EMPREGADA:
-Simple Minds - Dont you Forget About Me (The Breakfast Club)
-Pink Floyd - Money (Official Music Video)
-The_Kyoto_Connection_-_09_-_Hachiko_The_Faithtful_Dog_1
-Sintonía La Rosa de los Vientos - Villagers begin building
- Mel de Meiga - Cambia o Mundo
-The Blues Brothers - Everybody needs somebody



jueves, 8 de marzo de 2018

RADIOSIEIRO´18 - ESPECIAL DÍA DA MULLER

Primeiro programa da nova RadioSieiro adicado a tódalas mulleres nun día tan importante como o de hoxe, 8 de mazo, Día Internacional da Muller. Agardamos que xa, dunha vez por todas, a desigualdade entre home e mulleres non sexa máis que un mal soño.



A música que aparece no programa é a seguinte:
-O Pirimpimpín - Malvela
-Spining over you - Reyko
-Je Veux - Zaz
-Cherry Lee - Dover
-Tempestades de sal - Ses (María Xosé Silvar)
-Animal Instinct - The Cranberries (Dolores O'Riordan; Noel Hogan)
-Torn - Natalie Imbruglia

miércoles, 7 de marzo de 2018

PRESENTAMOS A NOVA RADIOSIEIRO´18



Neste curso 2017-2018 o Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente foi seleccionado entre os 20 primeiros centros de Galicia (CEIP, CPI e IES) en por en práctica esta iniciativa da Xunta, a "Radio na Biblio". É toda unha honra e un premio ben merecido ao traballo que levamos feito no cole, en materia de comunicación audiovisual, nestes últimos anos. 


jueves, 11 de enero de 2018





O próximo sábado 13 de xaneiro a nosa profe Luz e o profe Carlos foron invitados, como oradores, a unhas "xornadas de intercambio de experiencias de traballo en equipo" que se celebrarán no Centro de Formación e Recursos de Ourense; e no que terán a oportunidade de compartir os proxectos audiovisuais e a forma de traballar neles que tan bos resultados está a dar no noso centro. 
Toda unha honra para o noso centro!!!






 Ademáis, ahí vos queda a presentación que empregarán e que resume perfectamente a organización dos nosos proxectos audiovisuais de As Ondas do Miño Comunicacións. 
Atención que a presentacións ten links!!!


jueves, 30 de noviembre de 2017

ONDAS DO MIÑO TV. ESPECIAL SAMAWEEN 2018

Este xoves 30 de novembro presentamos ante o alumnado o último proxecto do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: un programa especial da nosa tv. online; centrado na festa do Samaween que celebramos no Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente.
Nesta ocasión foron os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º os encargados de presentar tanto o programa como a reportaxe que o acompaña.

Agardamos que vos guste!!! 








jueves, 29 de junio de 2017

RADIOSIEIRO 2017

  Despois de moito traballo, pois facer radio dá moito chollo, por fin podemos presentarvos o último RadioSieiro, un programa de podcast realizado polos alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro, dirixidos polo dinamizador da Lingua Galega.

  Na RadioSieiro participan todos os cursos escolares, cada un coa súa misión. Así, mentres os maiores foron os encargados de presentar e dirixir, os máis pequenos de infantil adicáronse ás cuñas e sintonías do programa; así como os de 1º, 2º, 3º e 4º, presentaron diversas seccións adicada á cultura e arte.

  Cabe destacar a sección medioambiental que prepararon os rapaces e rapazas de 5ºde primaria; na que nos ofrecen unha serie de consellos e recomendacións para o coidado do noso medio moi interesante e formativa.

Ademais, seguindo co espíritu de autoproducción, tamén incluimos no programa a canción que grabou o grupo do cole, a Aula i9 Band, ao longo do curso. Trátase dunha versión do famoso tema de Suso Vaamonde, Galicia.

Para rematar, lembrade que RadioSieiro é un dos tres proxectos anuais que forman parte dunha iniciativa maior, As Ondas do Miño Comunicacións; un proxecto de comunicación audiovisual e desenvolvemento das capacidades lingüísticas en galego; co que xa levamos uns cantos anos; e que está formado polo programa de radio; "O Rebusco", o noso xornal escolar; e "As Ondas do Miño Tv", o programa de tele.

Deixámosvos os enlaces para que podades disfrutar de todos estes contidos:





DISFRUTADE COA RADIOSIEIRO!!!