sábado, 31 de enero de 2015

Crecente en Letra nº1

Xa está aquí a última creación de As Ondas do Minho: un xornal escolar no que vos iremos contando as novidades e acontecementos do cole; e que será o complemento perfecto, e por escrito, do nos programa.
O ano pasado xa experimentamos con formatos audiovisuais; e este curso tentaremos facer o mesmo, pero empregando outro dos medios de comunicación de masas máis consumidos nos últimos séculos, o xornal.

Cada dous meses achegarémosvos un novo número de Crecente en Letra, ao que poderedes acceder e descargar facendo click no enlace. Ademais, imprimiremos unha serie de exemplares que quedarán no cole (Biblioteca, "Recuncho de Saltón", sala de mestres...); e que repartiremos por distintas institucións do pobo de Crecente (Residencia da 3ª Idade, Concello, Biblioteca, etc), á disposición de toda a comunidad de veciños, non só a escolar.

Agardamos que vos guste esta iniciativa, e esperamos poder contar con máis voluntarios; e poder ofrecer, así, máis contidos no próximo número.